Amosando publicacións coa etiqueta tea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tea. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de febreiro de 2016

Silvestra da Aveleira

Silvestra é unha guiñola que vive nas forestas de ribeira da Galicia. Podedes atopala recollendo froitos silvestres e cogumelos, tendo conversas filosóficas cos animais, ou mesmo abrazada ás árbores.
Nacida da natureza, a súa sabedoría é ancestral, e sempre está disposta a compartila con quen a queira escoitar.

Qué levará Silvestra da Aveleira no seu bolsiño?
Unha semente, un froito ou se cadra algún bichiño?

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Cores de África

 Atopei esta colorida tea no cesto dos retais, e como fóra chovía, transporteime mentalmente a África mentres traballaba.
Cando volvín a realidade este guiñol me saudaba entre as mans!





luns, 7 de decembro de 2015

A señora Enriqueta

Esta é Enriqueta, que vai polo mundo ás voltas, sempre feliz e coqueta.
Sempre co mantelo posto e coa mantilla tapada,
nas beiras dos camiños podes atopala,
botar un conto, regueifar e tomar un caldiño para xantar.







Este guiñol está feito de lá de ovella feltrada a man(cabeza e mans) e de retais de tea. Tamén ten algún detalliño en madeira, coma o botón e os pauciños do moño, e os aretes das orellas de metal.




luns, 28 de setembro de 2015

Tateti Xotramu

Outro modelo de Tateti, esta vez personalizados para un evento moi especial e moi recomendable, o encontro do Xogo Tradicional de Muimenta, que ten lugar tódolos anos cara finais de xuño, principios de xullo,organizado pola asociación do mesmo nome (gracias por contar connosco para a elaboración destes agasallos!). Desta volta decidimos decoralos mediante a técnica de transferencia en madeira, xa que eran varios e tiñan que levar o logo da asociación e ser mínimamente iguais...van rematados cun toque vintage, que sempre queda moi ben, e acompañados duns saquiños de tea pra gardalas pezas.


luns, 16 de marzo de 2015

Pistoletazo de saida da primavera!


Comeza o bo tempo e polo tanto tamén as festas, festivais, concertos, romarías e verbenas!! E para ir ben armadx presentamos estas pistoleiras de tea, para bailar e saltar e escarrancharse por ahí! Teñen dous petos de cada lado, un deles con estampados e peche de velcro. 



                                                         Que non vos pillen desarmadxs!!

sábado, 20 de decembro de 2014

Parella de paus


Son títeres de luva pero levan varilla interior para aumentar os seus movementos. Están feitos de madeira e retales de cores.

Gavilla de luvas


Os títeres de luva son os máis sinxelos de manexar, Son de retales de teas de cores, sen máis engadidos, para que sexan moi blandiños!

Titirel





Títere de tres fíos, feito de pasta de modelar, distintas teas, lá e por suposto pintado a man.

Titirela




Títere de tres fíos con mando en cruz. Está feita con pasta de modelar, distintas teas e lá. Pintado a man.