martes, 25 de abril de 2017

Solitarios con talla

O solitario, o noso xogo estrela, desta volta decorado con pequenas tallas, rústicos e elegantes, perfectos para despexar a mente mentres despertamos co café. ;) Coidado que engancha!!





Mankala


É un xogo de orixe africano, onde se xogan importantes torneos multitudinarios, aínda que tamén ten variantes en Asia. Tamén se lle chama "sementar e colleitar", polos movementos que se fai coas fichas-sementes. Aínda que poda parecer moi sinxelo, é un xogo de estratexia moi adictivo.





Senet



 O senet é un dos xogos de taboleiro máis antigos que se coñecen. É orixinario do antigo exipto, e a súas característica que máis chama a atención son os dados, xa que consisten en catro pauciños.
É un xogo divertido para xogar en parellas, tendo similitudes coa oca, ou o parchís.

madeira de castiñeiro + talla + pintado a mán



Xadrez puro castiñeiro

O primeiro xogo de xadrez que sae do obradoiro da Chintofanería é unha delicia....
Feito en maderia de castiñeiro, con dúas discretas e elegantes tallas,e cunha base de espello gravado fai que por moi concentrada que unha estea na partida, sempre poderás mirar para o ceo, tocar a natureza.
Xogamos?