Amosando publicacións coa etiqueta sombreiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sombreiros. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de maio de 2017

Gorro celta

Agora que o Arde Lucus está a volta da esquina, queremos compartir con vós este gorro que fixemos o ano pasado por encarga. A lá é natural 100%, sen tintes, sen costuras, feito a man ao máis puro estilo castrexo, polo que é ideal para as recreacións máis fieis e esixentes.
E lembrade, o que protexe do frio protexe da calor!


xoves, 21 de abril de 2016

Sombreiro marmolado

Temos o placer e o orgullo de mostrarvos un novo tipo de sombreiro que levaba tempo dándonos voltas na cabeciña, e por fin, velaquí está!!
Feito enteiriño de lá feltrada a mán, a branca e marrón son da cor natural da ovella, de ovellas polenses, e o negro e lá merina; conta con reforzo interno para que non dea de sí, e cun reforzo ao vies para protexer o borde.
Agardamos que vos enamore coma a nos!



mércores, 13 de abril de 2016

Boina espiral

Preséntovos a miña primeira boina capada, pois non ten rabiño!
Feita 100% en lá de ovella natural cunha espiral en lá merino de cor negra.


Boina natural

Esta boina está feita 100% con lá de ovella, conservando a súa cor natural, sen tintes e sen blanqueantes.
Cálida e suave como unha ovelliña :)


venres, 8 de abril de 2016

Rural fashion

Esta foi a última peza que temos feito entre Paisanas,
entre Velaíven Artesanía e a Chintofanería.
Ainda que moitas chamaranlle pamela, a verdade é que a idea xurdiu por inspiración dos fermosos sombreiros de ala ancha que levaban moitos labregos, tan típicos antaño e tan raro de velos agora (aos labregos tamén), máis que nalgún grupo de música tradicional.
Ao igual que coas boinas, parece que dende o noso interior xurdiu a necesidade, case sen darnos conta, da recuperación destas pezas, ...e claro, como non, tamén dende outra persoa, xurdiu a necesidade de ter un destes... ;) e ben que lle senta!





Cabeza Nirvana

Sendo un maniquí de cestería, coa mente baleira
darei a volta ao mundo, a volta enteira!!

Para as funda-mentais...

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Paisanas

Fai pouco descubrín que este pasado 2015 foi o ano chino da ovella, símbolo das artes e da convivencia armónica, descubrimento que me veu moi ben para dar comezo a esta presentación.Foi neste 2015, co gallo do II Festival da Polka, cando xurdiu esta colaboración entre A Chintofanería e Velaivén artesanía, para contribuir coa asociación confecciónando un dos artículos que porta o boneco do seu logo, unha peza única e divertida, feita a mán con lá de ovella...unha boina!!
O tema é que gustou, e houbo que facer máis. E o que comezou como un xogo, unha tarde entre paisanas, rematou por converterse nun laboratorio de creatividade lanar, do que hoxe podedes ver outro dos seus froitos (o coxín tamén naceu de aki...!). Obxectos artesanais que foron pensados e creados para esas soñadoras que confiaron nestas PAISANAS.

Feltradas en Pol, con lá de ovella 100%, feitas con furia, mimo, auga quente e xabón.