mércores, 27 de abril de 2016

Dragón patilongo

Como vedes cada títere é diferente, xa non só polas cores, se non polos pequenos detalles que fan de cada un unha peza única e con personalidade propia.
Un xoguete para deixar voar a imaxinación, que non funciona a pilas, se non con intelixencia e creatividade :)
Está feito con lá merina e con cordel de yute, e pódese lavar, a man ou a máquina, en frío, con xabón neutro e moito cariño.



xoves, 21 de abril de 2016

Sombreiro marmolado

Temos o placer e o orgullo de mostrarvos un novo tipo de sombreiro que levaba tempo dándonos voltas na cabeciña, e por fin, velaquí está!!
Feito enteiriño de lá feltrada a mán, a branca e marrón son da cor natural da ovella, de ovellas polenses, e o negro e lá merina; conta con reforzo interno para que non dea de sí, e cun reforzo ao vies para protexer o borde.
Agardamos que vos enamore coma a nos!



Torres con talla!

Preséntovos estas torres de hanoi, un dos xogos de inxenio que máis aceptación ten.
Están feitas con táboas recicladas antigas (case 200 anos! ) e madeira de castiñeiro procedente de podas.
Desta volta, en lugar de pintalas, decimos facerlles unha pequena talla, o que lles deu mooooita elegancia :)
Agardamos que vos gusten!


mércores, 13 de abril de 2016

Boina espiral

Preséntovos a miña primeira boina capada, pois non ten rabiño!
Feita 100% en lá de ovella natural cunha espiral en lá merino de cor negra.


Boina natural

Esta boina está feita 100% con lá de ovella, conservando a súa cor natural, sen tintes e sen blanqueantes.
Cálida e suave como unha ovelliña :)


luns, 11 de abril de 2016

Wool e wood!

Xa dende un tempo atrás rondábanos pola cabeza a idea de fusionar a madeira e a lá, e irnos esquecendo doutros materiais menos accesibles, et voilá!! Estas son as primeiras coleccións de collares nos que mesturamos a nobleza da madeira coa humildade da lá, dureza e suavidade, para facer unhas pezas diferentes e orixinais. Agardamos que vos gusten.
Gargantillas ríxidas.

Collares axustables.


Gargantillas flexibles.

Talla e tinta china

Pois aquí van os primeiros collares na nosa experimentación coa tinta china e coa talla en miniatura.

Arden os montes

Estas boliñas foron feitas cando ahí polo nadal, ardeu gran parte dos montes da cornisa cantábrica. Aínda non lles buscara aplicación, pero pareume que como chaveiros terían máis poder de memoria, ao poder levalos sempre con unha, e así non esquecer esta catástrofe...

venres, 8 de abril de 2016

Rural fashion

Esta foi a última peza que temos feito entre Paisanas,
entre Velaíven Artesanía e a Chintofanería.
Ainda que moitas chamaranlle pamela, a verdade é que a idea xurdiu por inspiración dos fermosos sombreiros de ala ancha que levaban moitos labregos, tan típicos antaño e tan raro de velos agora (aos labregos tamén), máis que nalgún grupo de música tradicional.
Ao igual que coas boinas, parece que dende o noso interior xurdiu a necesidade, case sen darnos conta, da recuperación destas pezas, ...e claro, como non, tamén dende outra persoa, xurdiu a necesidade de ter un destes... ;) e ben que lle senta!





Cabeza Nirvana

Sendo un maniquí de cestería, coa mente baleira
darei a volta ao mundo, a volta enteira!!

Para as funda-mentais...

venres, 5 de febreiro de 2016

Silvestra da Aveleira

Silvestra é unha guiñola que vive nas forestas de ribeira da Galicia. Podedes atopala recollendo froitos silvestres e cogumelos, tendo conversas filosóficas cos animais, ou mesmo abrazada ás árbores.
Nacida da natureza, a súa sabedoría é ancestral, e sempre está disposta a compartila con quen a queira escoitar.

Qué levará Silvestra da Aveleira no seu bolsiño?
Unha semente, un froito ou se cadra algún bichiño?

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Cores de África

 Atopei esta colorida tea no cesto dos retais, e como fóra chovía, transporteime mentalmente a África mentres traballaba.
Cando volvín a realidade este guiñol me saudaba entre as mans!





Xabóns, xabóns, xabóns a montóns!

Desta volta, ademáis de ter deseños moito máis traballados, a inspiración veu por coleccións! Boa ducha!






Paisanas

Fai pouco descubrín que este pasado 2015 foi o ano chino da ovella, símbolo das artes e da convivencia armónica, descubrimento que me veu moi ben para dar comezo a esta presentación.Foi neste 2015, co gallo do II Festival da Polka, cando xurdiu esta colaboración entre A Chintofanería e Velaivén artesanía, para contribuir coa asociación confecciónando un dos artículos que porta o boneco do seu logo, unha peza única e divertida, feita a mán con lá de ovella...unha boina!!
O tema é que gustou, e houbo que facer máis. E o que comezou como un xogo, unha tarde entre paisanas, rematou por converterse nun laboratorio de creatividade lanar, do que hoxe podedes ver outro dos seus froitos (o coxín tamén naceu de aki...!). Obxectos artesanais que foron pensados e creados para esas soñadoras que confiaron nestas PAISANAS.

Feltradas en Pol, con lá de ovella 100%, feitas con furia, mimo, auga quente e xabón.


Descanso natural

Esta é outra peza única! Un día nos dixeron, faríades un coxín? E porque non!! E gracias á xente que en nós confiou naceu este orixinal obxecto, feito de lá de ovella 100%, sen tintes nin branqueadores, xa que son cores naturais das ovellas. Para continuar cos materiais autótonos decidimos que os botóns tiñan que ser, como non, de toxo. E este é o resultado desta nova colaboración entre A Chintofanería e Velaivén! Atentas que hai máis!!