Amosando publicacións coa etiqueta títeres de fío. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta títeres de fío. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de abril de 2016

Dragón patilongo

Como vedes cada títere é diferente, xa non só polas cores, se non polos pequenos detalles que fan de cada un unha peza única e con personalidade propia.
Un xoguete para deixar voar a imaxinación, que non funciona a pilas, se non con intelixencia e creatividade :)
Está feito con lá merina e con cordel de yute, e pódese lavar, a man ou a máquina, en frío, con xabón neutro e moito cariño.



luns, 28 de setembro de 2015

Patilongos mellorados!!

Os xa célebres patilongos da Chintofanería foron mellorados! que cales son as melloras? Pois veredes, por un lado, se vos fixades nos ollos, veredes que a mirada gañou en profundidade, agora parecen que te miran en todo momento! E por outra banda, as patas e o pescozo tamén cambiaron, agora son de cordón de cáñamo e máis longas, co que a súa movilidade é máis tola e graciosa. Estes xa teñen fogar, ainda que vos aseguro que en breves naceran moitos máis e variados!!


mércores, 10 de xuño de 2015

Patilongos

É unha xirafa? É un dragón? Noooooon! son os bichiños que nacen na Chintofanería! Son moi ben mandadiños, por catro fíos, e suaves, suaves coma unha ovella, por que, claro!! son de lá!!! Lá de cores fieltrada a mao, por suposto.









sábado, 20 de decembro de 2014

Titirel





Títere de tres fíos, feito de pasta de modelar, distintas teas, lá e por suposto pintado a man.

Titirela




Títere de tres fíos con mando en cruz. Está feita con pasta de modelar, distintas teas e lá. Pintado a man.

Cuasican




Títere de dous fíos, co mando sinxelo de un pau. Está feito con distintos materiais, como pasta de modelar, tea, esparto e madeira. E por suposto pintado a man.

Bicho cuellilargo





Títere de dous fíos, que se manexa mediante dúas anillas. Está feito con distintos materiais, como pasta de modelar, teas, lá e madeira. E por suposto está pintado a man!