luns, 28 de setembro de 2015

Patilongos mellorados!!

Os xa célebres patilongos da Chintofanería foron mellorados! que cales son as melloras? Pois veredes, por un lado, se vos fixades nos ollos, veredes que a mirada gañou en profundidade, agora parecen que te miran en todo momento! E por outra banda, as patas e o pescozo tamén cambiaron, agora son de cordón de cáñamo e máis longas, co que a súa movilidade é máis tola e graciosa. Estes xa teñen fogar, ainda que vos aseguro que en breves naceran moitos máis e variados!!


Tateti Xotramu

Outro modelo de Tateti, esta vez personalizados para un evento moi especial e moi recomendable, o encontro do Xogo Tradicional de Muimenta, que ten lugar tódolos anos cara finais de xuño, principios de xullo,organizado pola asociación do mesmo nome (gracias por contar connosco para a elaboración destes agasallos!). Desta volta decidimos decoralos mediante a técnica de transferencia en madeira, xa que eran varios e tiñan que levar o logo da asociación e ser mínimamente iguais...van rematados cun toque vintage, que sempre queda moi ben, e acompañados duns saquiños de tea pra gardalas pezas.


Preguntón e preguntona

Estes dous monicreques de varillas son un encargo que foi para O Porriño, xa que querían convertirse en mestres de infantil! Agardamos que o conseguiran, que ganas non lles faltaban.


mércores, 23 de setembro de 2015

Tateti

O tateti é un xogo de orixe xaponés, vén sendo o clásico 3 en raia. Nesta versión mellorada, non existe un só punto central para colocar as fichas, senon 3, polo que non hai un xogador que teña vantaxe sobre o outro, facendo que o xogo sexa moito máis entretido e dinámico.
Está feito tamén con táboa de castiñeiro recuperada, tallada e pintada, e as fichas de carballo.

Soliño

Novo formato de peto para o solitario máis sinxelo que temos, para levalo a todas partes e iniciarse no mundo da lóxica!


Outro solitario

Estamos a recuperar táboas antigas para os taboleiros, como vedes esta madeira ten unha elegancia incuestionable, e leva cero tintes, cor natural! As pezas son de madeira de carballo e como teñen esa cor máis clara contrastan de maravilla.




Catrinas

Estes sí que son novos!! A partir de unhas calaveriñas que  merquei en Bilbao, ocorreuseme facer uns pendentes pintándoas a man, inspirada nos deseños mexicanos das catrinas e así personalizalas para que sexan todas diferentes. Xa temos complementos para a noite de mortoooos!!!

Restos de chintocomplementos!

Son os restiños da colección do verao que non me deu tempo a fotografiar, xa que voaron!!! Pero en breves vos presentarei máis complementos, que o outono está especialmente inspirador!!
Estes son conxuntos de madeira de castiñeiro pintados a man.

Os pendentes de castiñeiro, sinxelos ou dobles!