venres, 12 de xuño de 2015

Conxunto de Castiñeiro

Primer conxuntiño que me da tempo de fotografíar en condicións,
 a lucir madeira da terra este verán!!


Escotes de madeira

E para lucir tamén no escote, pedaziños de castiñeiro pintados, con debuxiños inspirados nos azulexos e nos polvos do mare!



Madeira nas orellas

E baseándonos nas pezas que facemos para os xogos, ao igual que cos chaveiros, pensamos que sería bonito levalas tamén nas orellas, e voilá! os primeiros pendentes de castiñeiro pintados!




Toxos de peto.

Nova remesa de chaveiriños enxebres! Desta volta sen macramé e de tamaño intermedio.


Segue a tangrammanía!

E seguimos con máis tangrams (e os que xa marcharon se poidelos fotografiar...). Como vedes son todos diferentes, parecidos, sí, pero diferentes!
O tangram é un xogo sen fin, de orixe xaponés, apto para tódalas idades, dende os máis pekes para iniciarse nas mates e xogar coa imaxinación, ata os nosos maiores para exercitar a memoria, pasando por toda persoa que desfrute cun bo reto!




xoves, 11 de xuño de 2015

Crebacabezas para os máis pekechos

Estes crebacabezas de madeira pintada están indicados para nenos de ata 3 anos, xa que contan con poucas pezas de formas regulares e deseños sinxelos. E cando medran os pekes decoran o cuarto!! Cada un acompañado da súa caixiña, tamén feita e pintada a mao, para que quede todo ben recollidiño!







Escocia Punk

Eiqui o lanudo escocés que nos acompaña de feira en feira, para divertir co seu kirst a cantos llo levantan!! É un monicreque bunraku, o que quere dicir que é manexado por unhas varillas dende atrás, ao igual que os monicreques xaponeses, dotándoo dunha movilidade espectacular! E como non, todo feitiño en lá feltrada a mao.



mércores, 10 de xuño de 2015

Suave coelliño


Non está asustado, é que quedou soíño....pero en breves nacerán novos animaliños de lá polos recunchos da Chintofanería, para poder vestir tódolos dediños da mao. Suaves, suaves, suaves....

Patilongos

É unha xirafa? É un dragón? Noooooon! son os bichiños que nacen na Chintofanería! Son moi ben mandadiños, por catro fíos, e suaves, suaves coma unha ovella, por que, claro!! son de lá!!! Lá de cores fieltrada a mao, por suposto.