Quén somos?

Somos dúas persoas que cremos que o ritmo de vida actual é insano, polo que decidimos apostar por un proxecto de vida máis lóxico, acorde as nosas necesidades e inquietudes. Dentro deste proxecto vital, atopamos na artesanía unha forma de activismo (craftivismo!) que camiña entre a pedagoxía, a cultura e a ecoloxía, respetuoso cos ritmos naturais tanto das persoas coma do medio ambiente.

Presentámonos:

Manuel Taboada (Barcia)

Estudiei animación sociocultural e grado en educación social.
Cando me din conta de que as saidas profesionais que se me presentaban por conta allea non eran do meu agrado, decidín emprender pola miña conta un proxecto de concienciación social a través da artesanía.
O traballo da madeira sempre me chamou a atención, e comecei a formarme de maneira autodidacta no tema, máis concretamente na técnica da talla.
O resultado de xuntar estas dúas facetas foi comezar a facer xogos de inxenio e de mesa, o que me está levando a investigar e recuperar xogos tradicionais e antigos, e deste xeito poder ampliar e variar a oferta actual de xeito sustentable e contribuir á conservación do patrimonio lúdico, con pezas únicas, orixinais e divertidas.

Sara Seijas (Lugo)

Estudiei restauración e conservación de bens culturais, e máis tarde animación sociocultural.
Sempre sentín predileción polo deseño, as artesanías e os traballos manuais, o que me levou durante anos a explorar e experimentar con distintos materiais e as súas aplicacións.
Foi no 2014 cando tiven o meu primer contacto co traballo artesanal da lá, e pouco a pouco dinme conta de que era o meu material, xa que traballala resúltame moi enriquecedor.
Por outra banda, sempre me interesou a cultura, a etnografía, a educación..., e desta amalgama xurdiu a idea de aplicar a lá neste eido.
E aquí estou, creando ando, entre marionetas, xoguetes sen pilas que funcionan con imaxinación e intelixencia e que axudan a desenvolver a personalidade, complementos de moda responsables e divertidos, e outros chintófanos sensoriais que alegran o dia...a fin de contas... deixando voar a creatividade dende unha perspectiva concienciadora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario