Amosando publicacións coa etiqueta encargos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta encargos. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de maio de 2017

Gorro celta

Agora que o Arde Lucus está a volta da esquina, queremos compartir con vós este gorro que fixemos o ano pasado por encarga. A lá é natural 100%, sen tintes, sen costuras, feito a man ao máis puro estilo castrexo, polo que é ideal para as recreacións máis fieis e esixentes.
E lembrade, o que protexe do frio protexe da calor!


Manopla de ducha

Unha persoa moi especial preguntounos cando viu os xabóns esponxa se non podiamos facer unha esponxa para o xel de ducha, xa que prefire este tipo de xabón....e isto foi o que naceu! unha manopla con dúas caras diferentes, unha máis esfoliante (lá galega gris natural) e outra parte máis suaviña (lá merino rosa). Outra maneira máis de subirse ao carro da lá!


mércores, 11 de novembro de 2015

Tangram para Asturies

Pois este modeliño foi para Navia, para encher horas de xogo dalgunha cabeciña. Xa facía tempo que non faciamos un tangram, e a verdade da gusto ver os resultados das cousas feitas pensando nx destinatarix. a disfrutalo!!!

luns, 28 de setembro de 2015

Patilongos mellorados!!

Os xa célebres patilongos da Chintofanería foron mellorados! que cales son as melloras? Pois veredes, por un lado, se vos fixades nos ollos, veredes que a mirada gañou en profundidade, agora parecen que te miran en todo momento! E por outra banda, as patas e o pescozo tamén cambiaron, agora son de cordón de cáñamo e máis longas, co que a súa movilidade é máis tola e graciosa. Estes xa teñen fogar, ainda que vos aseguro que en breves naceran moitos máis e variados!!


Tateti Xotramu

Outro modelo de Tateti, esta vez personalizados para un evento moi especial e moi recomendable, o encontro do Xogo Tradicional de Muimenta, que ten lugar tódolos anos cara finais de xuño, principios de xullo,organizado pola asociación do mesmo nome (gracias por contar connosco para a elaboración destes agasallos!). Desta volta decidimos decoralos mediante a técnica de transferencia en madeira, xa que eran varios e tiñan que levar o logo da asociación e ser mínimamente iguais...van rematados cun toque vintage, que sempre queda moi ben, e acompañados duns saquiños de tea pra gardalas pezas.


Preguntón e preguntona

Estes dous monicreques de varillas son un encargo que foi para O Porriño, xa que querían convertirse en mestres de infantil! Agardamos que o conseguiran, que ganas non lles faltaban.