Amosando publicacións coa etiqueta guiñol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta guiñol. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de febreiro de 2016

Silvestra da Aveleira

Silvestra é unha guiñola que vive nas forestas de ribeira da Galicia. Podedes atopala recollendo froitos silvestres e cogumelos, tendo conversas filosóficas cos animais, ou mesmo abrazada ás árbores.
Nacida da natureza, a súa sabedoría é ancestral, e sempre está disposta a compartila con quen a queira escoitar.

Qué levará Silvestra da Aveleira no seu bolsiño?
Unha semente, un froito ou se cadra algún bichiño?

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Cores de África

 Atopei esta colorida tea no cesto dos retais, e como fóra chovía, transporteime mentalmente a África mentres traballaba.
Cando volvín a realidade este guiñol me saudaba entre as mans!





luns, 7 de decembro de 2015

A señora Enriqueta

Esta é Enriqueta, que vai polo mundo ás voltas, sempre feliz e coqueta.
Sempre co mantelo posto e coa mantilla tapada,
nas beiras dos camiños podes atopala,
botar un conto, regueifar e tomar un caldiño para xantar.







Este guiñol está feito de lá de ovella feltrada a man(cabeza e mans) e de retais de tea. Tamén ten algún detalliño en madeira, coma o botón e os pauciños do moño, e os aretes das orellas de metal.




sábado, 20 de decembro de 2014

Cazador



Guiñol de varilla feito con gomaespuma e diferentes teas para a roupa. Pintado e cosido a man.

Sol




Guiñol de varillas feito de gomaespuma, lá e teas para a roupa.

Señor con pipa




Guiñol feito con gomaespuma, teas, madeira e arame. Por suposto tamén pintado e cosido a man.