luns, 7 de decembro de 2015

A señora Enriqueta

Esta é Enriqueta, que vai polo mundo ás voltas, sempre feliz e coqueta.
Sempre co mantelo posto e coa mantilla tapada,
nas beiras dos camiños podes atopala,
botar un conto, regueifar e tomar un caldiño para xantar.







Este guiñol está feito de lá de ovella feltrada a man(cabeza e mans) e de retais de tea. Tamén ten algún detalliño en madeira, coma o botón e os pauciños do moño, e os aretes das orellas de metal.




Inverno

Tantos dias de xeada en nadal, coma dias de sol en san xoan.


Xogando coa tinta china

Este é un exemplo dos experimentos que estou a relizar coa tinta china sobre unha base de acrílica, algo difícil de manexar pero que vistos os resultados merece a pena seguir explorando :) 

xoves, 19 de novembro de 2015

Títeres de dedo 3D

Experimentando coa lá de ovella, decimos deixar de lado o fieltro comercial e fieltrala nos mesmas, descubrindo que así os nosos títeres de dedo gañan moitísimo, tendo agora 3 dimensións!
Estes son algúns dos animaliños que van saíndo do taller, a maioría xa teñen fogar :)


Pouco a pouco van tendo máis matices e personalidade, non hai dous iguais (ainda que podan ser parecidos); a experiencia vai mellorando a técnica, e a creatividade non nos permite facer copias exactas!
Cantos máis son, máis queren ser! Non deixedes que se aburran nun caixón!



mércores, 11 de novembro de 2015

Sube-Sube

E por fin podemos facer a presentación oficial nas redes, e subir unhas fotos, de este viciante xogo que nos quitan das mans!! De feito o primeiro sube-sube que fixemos foi parar nin máis nin menos que a Alemania. Está baseado nun xogo tradicional, pero reducido ao mínimo posible, para así levalo a todas partes.




Os xabóns multiplícanse!!

Multiplícanse e saen de paseo!! O domingo estivemos de estrea na Eira da Xoana, desfrutando dunha magnífica xornada. E a partir de agora, podédelos atopar no mercado da terra de Lugo tódolos martes á tarde. Non deixedes de pasar a ver a de cousas ricas que alí ahi!! 



Tangram para Asturies

Pois este modeliño foi para Navia, para encher horas de xogo dalgunha cabeciña. Xa facía tempo que non faciamos un tangram, e a verdade da gusto ver os resultados das cousas feitas pensando nx destinatarix. a disfrutalo!!!

luns, 26 de outubro de 2015

Reinventando as duchas !

 Porque as duchas tamén poden estar cheas de experiencias, vos presento a novidade desta tempada!!
O meu primer proxecto en feltro mollado, os xabonciños de lá, que fan de xabón, de esponxa e aínda teñen un último uso... Este proxecto compría dunha colaboración para que todo o producto fora artesán, e que mellor opción que o xabón de oliva de Alteia. Cosmética natural, artesá e de proximidade!


Alegra a túa ducha.
O xabón dura máis.
Non esbara.
Suave acción exfoliante.
Reduce o impacto ambiental.


 E cando se remata o xabón? Pois temos un saquiño perfecto para enchelo de lavanda e directo para o caixón da roupa interior!





luns, 28 de setembro de 2015

Patilongos mellorados!!

Os xa célebres patilongos da Chintofanería foron mellorados! que cales son as melloras? Pois veredes, por un lado, se vos fixades nos ollos, veredes que a mirada gañou en profundidade, agora parecen que te miran en todo momento! E por outra banda, as patas e o pescozo tamén cambiaron, agora son de cordón de cáñamo e máis longas, co que a súa movilidade é máis tola e graciosa. Estes xa teñen fogar, ainda que vos aseguro que en breves naceran moitos máis e variados!!


Tateti Xotramu

Outro modelo de Tateti, esta vez personalizados para un evento moi especial e moi recomendable, o encontro do Xogo Tradicional de Muimenta, que ten lugar tódolos anos cara finais de xuño, principios de xullo,organizado pola asociación do mesmo nome (gracias por contar connosco para a elaboración destes agasallos!). Desta volta decidimos decoralos mediante a técnica de transferencia en madeira, xa que eran varios e tiñan que levar o logo da asociación e ser mínimamente iguais...van rematados cun toque vintage, que sempre queda moi ben, e acompañados duns saquiños de tea pra gardalas pezas.


Preguntón e preguntona

Estes dous monicreques de varillas son un encargo que foi para O Porriño, xa que querían convertirse en mestres de infantil! Agardamos que o conseguiran, que ganas non lles faltaban.


mércores, 23 de setembro de 2015

Tateti

O tateti é un xogo de orixe xaponés, vén sendo o clásico 3 en raia. Nesta versión mellorada, non existe un só punto central para colocar as fichas, senon 3, polo que non hai un xogador que teña vantaxe sobre o outro, facendo que o xogo sexa moito máis entretido e dinámico.
Está feito tamén con táboa de castiñeiro recuperada, tallada e pintada, e as fichas de carballo.

Soliño

Novo formato de peto para o solitario máis sinxelo que temos, para levalo a todas partes e iniciarse no mundo da lóxica!


Outro solitario

Estamos a recuperar táboas antigas para os taboleiros, como vedes esta madeira ten unha elegancia incuestionable, e leva cero tintes, cor natural! As pezas son de madeira de carballo e como teñen esa cor máis clara contrastan de maravilla.




Catrinas

Estes sí que son novos!! A partir de unhas calaveriñas que  merquei en Bilbao, ocorreuseme facer uns pendentes pintándoas a man, inspirada nos deseños mexicanos das catrinas e así personalizalas para que sexan todas diferentes. Xa temos complementos para a noite de mortoooos!!!

Restos de chintocomplementos!

Son os restiños da colección do verao que non me deu tempo a fotografiar, xa que voaron!!! Pero en breves vos presentarei máis complementos, que o outono está especialmente inspirador!!
Estes son conxuntos de madeira de castiñeiro pintados a man.

Os pendentes de castiñeiro, sinxelos ou dobles!

venres, 12 de xuño de 2015

Conxunto de Castiñeiro

Primer conxuntiño que me da tempo de fotografíar en condicións,
 a lucir madeira da terra este verán!!


Escotes de madeira

E para lucir tamén no escote, pedaziños de castiñeiro pintados, con debuxiños inspirados nos azulexos e nos polvos do mare!



Madeira nas orellas

E baseándonos nas pezas que facemos para os xogos, ao igual que cos chaveiros, pensamos que sería bonito levalas tamén nas orellas, e voilá! os primeiros pendentes de castiñeiro pintados!




Toxos de peto.

Nova remesa de chaveiriños enxebres! Desta volta sen macramé e de tamaño intermedio.