venres, 26 de maio de 2017

Sube-Subes para soñar


Inspirado nun xogo tradicional popular, temos estas reproduccións de peto para levar a onde queiras o para poñer na habitación.
A esencia é a mesma, o que o fai diferentes son os soños pintados a mán en cada un deles, todos iguais, todos diferentes.


Mikado

E non podía faltar na nosa colección de xogos o xa famoso Mikado, adictivo xogo para varios xogadores no que poñer a proba o pulso e a concentración.


Lá, unha xoia!

Como vedes, as posibilidades deste noble material, a lá, son infinitas!

Gargantilla de influencia africana, con lá merina e feito en Galicia, fuuuuusión!

Este collar foi feito para unha persoa moi especial, é unha peza única como a persoa que agora o leva xunto ao corazón.♡

E para as máis atrevidas, un toque de ovellas nas orellas, con estes pendentes inspirados na natureza.

martes, 2 de maio de 2017

Gorro celta

Agora que o Arde Lucus está a volta da esquina, queremos compartir con vós este gorro que fixemos o ano pasado por encarga. A lá é natural 100%, sen tintes, sen costuras, feito a man ao máis puro estilo castrexo, polo que é ideal para as recreacións máis fieis e esixentes.
E lembrade, o que protexe do frio protexe da calor!


Manopla de ducha

Unha persoa moi especial preguntounos cando viu os xabóns esponxa se non podiamos facer unha esponxa para o xel de ducha, xa que prefire este tipo de xabón....e isto foi o que naceu! unha manopla con dúas caras diferentes, unha máis esfoliante (lá galega gris natural) e outra parte máis suaviña (lá merino rosa). Outra maneira máis de subirse ao carro da lá!