venres, 12 de xuño de 2015

Conxunto de Castiñeiro

Primer conxuntiño que me da tempo de fotografíar en condicións,
 a lucir madeira da terra este verán!!


Escotes de madeira

E para lucir tamén no escote, pedaziños de castiñeiro pintados, con debuxiños inspirados nos azulexos e nos polvos do mare!



Madeira nas orellas

E baseándonos nas pezas que facemos para os xogos, ao igual que cos chaveiros, pensamos que sería bonito levalas tamén nas orellas, e voilá! os primeiros pendentes de castiñeiro pintados!




Toxos de peto.

Nova remesa de chaveiriños enxebres! Desta volta sen macramé e de tamaño intermedio.


Segue a tangrammanía!

E seguimos con máis tangrams (e os que xa marcharon se poidelos fotografiar...). Como vedes son todos diferentes, parecidos, sí, pero diferentes!
O tangram é un xogo sen fin, de orixe xaponés, apto para tódalas idades, dende os máis pekes para iniciarse nas mates e xogar coa imaxinación, ata os nosos maiores para exercitar a memoria, pasando por toda persoa que desfrute cun bo reto!