O tateti é un xogo de orixe xaponés, vén sendo o clásico 3 en raia. Nesta versión mellorada, non existe un só punto central para colocar as fichas, senon 3, polo que non hai un xogador que teña vantaxe sobre o outro, facendo que o xogo sexa moito máis entretido e dinámico.
Está feito tamén con táboa de castiñeiro recuperada, tallada e pintada, e as fichas de carballo.
mércores, 23 de setembro de 2015
Soliño
Novo formato de peto para o solitario máis sinxelo que temos, para levalo a todas partes e iniciarse no mundo da lóxica!
Outro solitario
Estamos a recuperar táboas antigas para os taboleiros, como vedes esta madeira ten unha elegancia incuestionable, e leva cero tintes, cor natural! As pezas son de madeira de carballo e como teñen esa cor máis clara contrastan de maravilla.
Catrinas
Estes sí que son novos!! A partir de unhas calaveriñas que merquei en Bilbao, ocorreuseme facer uns pendentes pintándoas a man, inspirada nos deseños mexicanos das catrinas e así personalizalas para que sexan todas diferentes. Xa temos complementos para a noite de mortoooos!!!
Restos de chintocomplementos!
Son os restiños da colección do verao que non me deu tempo a fotografiar, xa que voaron!!! Pero en breves vos presentarei máis complementos, que o outono está especialmente inspirador!!
Estes son conxuntos de madeira de castiñeiro pintados a man.
Os pendentes de castiñeiro, sinxelos ou dobles!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








