Porque as duchas tamén poden estar cheas de experiencias, vos presento a novidade desta tempada!!
O meu primer proxecto en feltro mollado, os xabonciños de lá, que fan de xabón, de esponxa e aínda teñen un último uso... Este proxecto compría dunha colaboración para que todo o producto fora artesán, e que mellor opción que o xabón de oliva de Alteia. Cosmética natural, artesá e de proximidade!
Alegra a túa ducha.
O xabón dura máis.
Non esbara.
Suave acción exfoliante.
Reduce o impacto ambiental.
E cando se remata o xabón? Pois temos un saquiño perfecto para enchelo de lavanda e directo para o caixón da roupa interior!
Ningún comentario:
Publicar un comentario